Está ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos mariñeiros,
cidades, labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos
Galicia é unha nai
velliña e soñadora
¡na voz da gaita rise
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos,
a terra, o mar o vento
¡pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós
a xente e maila fala
¡se buscas a Galicia
en ti tes que atopala.
Manuel María Fernández Teixeiro
(“Soños na gaiola”)
Cando penso que te fuches
ResponderEliminarnegra sombra que me asombras
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa
Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa
Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras
nin me dexarás nunca
sombra que sempre me asombras.